A lo largo de este verano en la Casa de Familia de Vilagarcía hemos querido conocer diferentes gastronomías y tradiciones culinarias, tanto de nuestro país como de otros lugares.
En diferentes jornadas tuvimos la oportunidad de conocer y disfrutar de distintos establecimientos con una amplia variedad. En esta ocasión quisimos centrarnos más en nuestra propia comunidad, Galicia, con una gastronomía riquísima en variedad y calidad. Por este motivo acudimos a un furancho, para cerrar la travesía gastronómica en uno de los establecimientos más emblemáticos de nuestra tierra. Allí descubrimos cómo una comida casera puede ser igual o más satisfactoria si se comparte con buena compañía.
Estas actividades nos permiten conocer las diferentes formas de disfrutar de la comida, y de las costumbres vinculadas a ella, pudiendo trabajar a su vez una relación sana y positiva con la alimentación. En este ambiente cercano, buscamos también fomentar la convivencia, el conocimiento de las tradiciones y costumbres, y la participación de los chicos y chicas en nuestra cultura.
Actividad incluida en el Proyecto “Facendo Nós VI”, subvencionado en la convocatoria 2025 de la Xunta de Galicia para el fomento de empleo a través de los programas de cooperación en el ámbito de colaboración con las entidades sin ánimo de lucro.
Ao longo deste verán na Casa de Familia de Vilagarcía quixemos coñecer diferentes gastronomías e tradicións culinarias, tanto do noso país como doutros lugares.
En diferentes xornadas tivemos a oportunidade de coñecer e desfrutar de distintos establecementos cunha ampla variedade gastronómica. Nesta ocasión quixemos centrarnos máis na nosa propia comunidade, Galicia, cunha gastronomía riquísima en variedade e calidade. Por este motivo, acudimos a un furancho, para pechar a travesía gastronómica nun dos establecementos máis emblemáticos da nosa terra. Alí descubrimos como unha comida caseira pode ser igual ou máis satisfactoria cando se comparte en boa compañía.
Estas actividades permítennos coñecer as diferentes formas de desfrutar da comida e dos costumes vinculados a ela, podendo traballar á súa vez unha relación sa e positiva coa alimentación. Neste ambiente próximo, buscamos tamén fomentar a convivencia, o coñecemento das tradicións e costumes, e a participación dos rapaces e rapazas na nosa cultura.
Actividade incluída no proxecto “Facendo Nós VI”, subvencionado na convocatoria 2025 da Xunta de Galicia para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro.


















