La noche del 23 de junio, los chicos y chicas de la Casa de Familia Aldaba de Vilagarcía nos sumamos a una de las tradiciones más especiales del año: la noche de San Juan. Hacer las hogueras, bañarse en el mar bajo la luz de la luna, escribir deseos… y varias costumbres más que nos acompañan cada año.
Empezamos con los pasos de la tradición saliendo a recoger las hierbas en una bonita ruta de senderismo por Catoira. Buscamos lavanda, romero, hierba luisa, ruda… y muchas otras plantas aromáticas que dejamos en agua bajo la luz de la luna. A la mañana siguiente, nos lavamos la cara con esa “agua de San Juan”, como manda la tradición, para atraer la buena suerte y empezar el verano con energía renovada. Un gesto sencillo, pero cargado de historia y magia, que conectó a todos con la naturaleza y con nuestras raíces más profundas.
Además, aprovechamos esta noche mágica para hablar sobre lo que queríamos soltar, nuestros miedos, nuestras metas y todo lo que nos gustaría mejorar. El fuego de las hogueras representó ese momento de transformación, y el agua del mar un instante de calma y conexión con la naturaleza.
Fueron un día y una noche especiales, cargados de simbolismo, tradición y emociones compartidas. Sin duda, una experiencia que nos unió como grupo y que recordaremos con una sonrisa.
Actividad realizada gracias al Proyecto Vínculo+ V subvencionado en la convocatoria IRPF 2024; el cual hace posible dar apoyo a las familias y potenciar las relaciones positivas con sus hijas e hijos.
A noite do 23 de xuño, os rapaces e rapazas da Casa de Familia Aldaba de Vilagarcía sumámonos a unha das tradicións máis especiais do ano: a noite de San Xoán. Facer as fogueiras, bañarse no mar baixo a luz da lúa, escribir desexos… e varias costumes que nos acompañan cada ano.
Comezamos cos pasos da tradición saíndo a recoller as herbas nunha fermosa ruta de sendeirismo por Catoira. Buscamos lavanda, romeu, herba luisa, ruda… e moitas outras plantas aromáticas que deixamos na auga baixo a luz da lúa. Á mañá seguinte, lavámonos a cara con esa “auga de San Xoán”, como manda a tradición, para atraer a boa sorte e comezar o verán con enerxía renovada. Un xesto sinxelo, pero cargado de historia e maxia, que nos conectou a todos coa natureza e coas nosas raíces máis profundas.
Ademais, aproveitamos esta noite máxica para falar sobre o que queriamos soltar, os nosos medos, as nosas metas e todo o que nos gustaría mellorar. O lume das fogueiras representou ese momento de transformación, e a auga do mar un instante de calma e conexión coa natureza.
Foron un día e unha noite especiais, cargados de simbolismo, tradición e emocións compartidas. Sen dúbida, unha experiencia que nos uniu como grupo e que lembraremos cun sorriso.
Actividade realizada grazas ao Proxecto Vinculo+ V subvencionado na convocatoria IRPF 2024; o cal fai posible dar apoio ás familias e potenciar as relacións positivas coas súas fillas e fillos.