Las personas usuarias del programa Ao Seu Lado: Aldaba Contigo de Vigo disfrutaron enormemente de una sesión formativa sobre nuevas tecnologías aplicadas a la creación de cómic con IA.
Sus avatares aparecieron casi por arte de magia en sus lugares favoritos a través de viñetas que fuimos creando de manera colaborativa entre todos y todas. La diversión fue el gran objetivo de esta actividad, además de aprender un poco más sobre el uso de la inteligencia artificial.
Fomentando la socialización, la creatividad y la imaginación entre las personas participantes, conseguimos unos resultados geniales con los que quedamos muy satisfechos. Viajar con la IA y crear en grupo volvió a unirnos una vez más en Fundación Aldaba.
Esta actividad está financiada parcialmente por el Fondo Social Europeo (FSE+) a través del Programa FSE+ Galicia 2021-2027, que tiene como objetivos fomentar la inclusión, promover la igualdad de oportunidades, la no discriminación y la participación.
EN GALEGO:
As persoas usuarias do Programa Ao Seu Lado: Aldaba Contigo de Vigo gozaron enormemente dunha sesión formativa sobre novas tecnoloxías aplicadas á creación de cómics con IA.
Os seus avatares apareceron case por arte de maxia nos seus lugares favoritos a través dunhas viñetas que fomos creando de maneira colaborativa entre todas e todos. A diversión foi o gran obxectivo desta actividade, ademais de aprender un pouco máis sobre o uso da intelixencia artificial.
Fomentando a socialización, a creatividade e a imaxinación entre as persoas participantes, conseguimos uns resultados xeniais cos que quedamos moi satisfeitos. Viaxar coa IA e crear en grupo volveu unirnos unha vez máis na Fundación Aldaba.
Esta actividade está financiada parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE+) a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, que ten como obxectivos fomentar a inclusión, promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación.


















