Cuando el tiempo no acompaña, es habitual caer en el ocio digital: desde móviles o tablets, a consolas o televisiones.
Por ello, en estos días de lluvia en la Casa de Familia Aldaba de Vilagarcía nos decidimos a ofrecer a los chicos y chicas una alternativa más clásica organizando varias sesiones de un torneo de juegos de mesa.
Este tipo de juegos favorecen las relaciones familiares, ya que muchos se juegan por equipos o parejas, que deben trabajar codo con codo para conseguir el objetivo del juego. Aquellos que son individuales, favorecen el desarrollo de estrategias, estimulando la imaginación y la creatividad.
También permiten trabajar con los niños y niñas la competencia sana, y mostrarles alternativas para gestionar su frustración en el caso de perder la partida, ya que lo importante en estos casos no sólo es la victoria, si no la diversión del proceso.
Actividad realizada gracias al Proyecto Vínculo+ V subvencionado en la convocatoria IRPF 2024; el cual hace posible dar apoyo a las familias y potenciar las relaciones positivas con sus hijas e hijos.
Cando o tempo non acompaña, é habitual caer no lecer dixital: dende móbiles ou tablets, a consolas ou televisións.
Por iso, nestes días de choiva na Casa de Familia Aldaba de Vilagarcía decidímonos a ofrecer aos rapaces e rapazas unha alternativa máis clásica organizando varias sesións dun torneo de xogos de mesa.
Este tipo de xogos favorecen as relacións familiares, xa que moitos se xogan por equipos ou parellas, que deben traballar de xeito conxunto para conseguir o obxectivo do xogo. Aqueles que son individuais, favorecen o desenvolvemento de estratexias, estimulando a imaxinación e a creatividade.
Tamén permiten traballar cos nenos e nenas a competencia saudable, e mostrarlles alternativas para xestionar a súa frustración no caso de perder a partida, xa que o importante nestes casos non só é a vitoria se non a diversión do proceso.
Actividade realizada grazas ao Proxecto Vinculo+ V subvencionado na convocatoria IRPF 2024; o cal fai posible dar apoio ás familias e potenciar as relacións positivas coas súas fillas e fillos.